Raphanus raphanistrum


Anual, con talos de ata 80 cm., híspidos abaixo e case glabros superiormente. As follas basais aparecen en mouta e son pecioladas. As caulinas vanse facendo sésiles e menos divididas ata chegar ás superiores a ser enteiras e lineares. Flores con sépalos e pétalos brancos ou amarelos esvaídos, a miúdo con veas violáceas.

O froito, en silicua, leva un antello inferior moi curto, sen semente, e outro superior formado por 5-10 segmentos monospermos de nervios moi marcados, caedeiros, rematado en bico de 5-30 mm. Florece entre febreiro e agosto. 

É herba ruín que aparece entre cultivos de toda Galiza. Esta planta é tóxica para o gando.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.