Rorippa pyrenaica


Planta anual ou perennante, de 20-60 cm., con pelosidade curta. As follas basais, lirado-pinnatídas, aparecen a miúdo murchas nas floración. As caulinas, de 2-10 cm., auriculadas na base, levan 2-5 pares de segmentos moi estreitos.

As flores levan sépalos de 1,5-2,5 e pétalos amarelos de 2-3 mm. Os froitos son silicuas de 3-6 x 2 mm. dispostas sobre pedicelos de 4-9 mm.

Florece entre maio e agosto en beiras de regatos ou prados húmidos.


Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.

Tagged:  Brassicaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.