Stellaria media


Anual ou bienal, con talos cilíndricos de ata 30 cm., glabros ou percorridos por 1-2 liñas lonxitudinais de pelos que alternan de posición en cada entrenó.

Follas ovadas, cortadas e agudas, as inferiores con pecíolos, as superiores sésiles. Ás flores, de 7-8 mm. de diámetro, con sépalos de 3-5 mm. e pétalos brancos, de 1/3-2/3 da lonxitude dos sépalos, bífidos ata a base, polo que aparentan ser 10. Estames en número de 3 ou 5.

Florece case todo o ano e aparece a miúdo como herba ruín nas leiras ou á beira dos camiños de toda Galiza. As follas son consideradas como veleno para os coellos.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.