Stachys sylvatica


Perenne, pelosa e glandulosa, con talos de ata 120 cm. Follas pecioladas de 40-140 x 20-80 mm., ovadas, de base cordada e beiras crenadas. Verticilos florais con 6 flores xeralmente (3 a cada lado).

Flores sen bractéolas ou con elas diminutas, de cálice glandular-pubescente de 6-8 mm., con dentes iguais. Corola bilabiada de 13-18 mm., púrpura escura con manchas brancas, con tubo interiormente peloso.

Florece entre xuño e agosto en beiras de regatos e prados de gran parte de Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Lamiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.