Spergularia rubra


Herbácea anual a perennante, de talos de ata 25 cm. glabros, pero glanduloso-pubescentes na inflorescencia. As follas de 4-25 mm., arestadas, a miúdo dispostas moi mestas, e con estípulas prateadas, acuminadas. Pétalos de cor uniforme rosa. 

Florece entre marzo e agosto en terreos de areas (non de praias) e beiras de camiños e estradas.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.