Spergula morisonii


Planta anual ou bienal, con talos que acadan 30 cm., glabros ou pouco pubescentes. As follas, lineares, de 1-2 cm., non canaliculadas interiormente, con fascículos foliosos máis curtos cós entrenós.

As flores levan 5 sépalos ovados, acuminados, de 3,5-5 mm., que poden acadar 6,5 mm. na frutificación, e pétalos do mesmo longo, xeralmente unidos entre si na base.

Froito en cápsula de 1,5-2,5 mm. de diámetro rodeado de á ancha (aínda que máis estreitas có disco central), de cor acastañada.

Florece entre marzo e agosto en solos secos e a miúdo areosos do interior de Galiza.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.