Sparganium erectum


Planta herbácea que acada 150 cm. de altura (raramente máis), con talos erectos dos que saen follas dísticas, longas de sección triangular e 5-15 mm. de anchura, aquilladas por baixo. Na parte superior levan a inflorescencia, de moitos glomérulos, sendo masculinos os superiores de cada ramallo.

Os capítulos femininos acadas 2 cm. de diámetro ao frutificar, dando moitos aquenios elipsoideos de 7-9 x 2-4 mm. de ancho.

Florece entre xuño e agosto. O seu hábitat son os ameneirais e zonas encharcadas con augas de pouco andar de todo o país.


Lugar de observación: Lago inferior do Pontiñas. Bergazos. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.