Solanum nigrum


Anual de ata 70 cm., pouco pelosa e con talos estriados, con follas de 2,5-7 x 2-4,5 cm., ovadas a lanceoladas, enteiras ou de beiras sinuado-dentadas. Inflorescencias en cimas umbeliformes de (3)5-10 flores, con cálice de 1-2,5 mm., algo acrescente, de lóbulos ovados.

Corola de 10-14 mm. de diámetro, branca. Anteras amarelas, de 1,5-2,5 mm., formando tubo do que xorde o estilete, como xa se dixo. Froito en baia de 6-10 mm. de diámetro, negro ou verde, máis ancha que longa.

Florece entre maio e outrubro en lugares removidos e beiras de camiños de toda Galiza. É planta tóxica, en especial os froitos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Solanaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.