10 Nov
10Nov

Planta que pode pasar de 1 metro, cheirenta, ramificada, con follas de 5-20 x 4-15 cm., ovadas e elípticas, sinuado-dentadas a lobadas. Flores con cálice anguloso de 30-50 mm. e corola en funil de 5-10 cm., branca ou algo rosácea.

Froito en cápsula de 3-7 x 2-5 cm., ovoide, recuberta de espiñas que poden chegar a 15 mm.

Florece entre xuño e outubro en lugares incultos e removidos, nitrificados (como esterqueiras). Trátase dunha planta moi tóxica que foi empregada polas bruxas para voar. Parece planta de orixe americana.


Lugar de observación: Prado. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.