17 Feb
17Feb

Perenne, algo gabeadora, leñosa na base (raramente), de ata 200 cm. de altura, con pelos estrelados. As flores aparecen en cimas de moitas flores (poden pasar de 20). 

Froitos con baia ovoidea de cor vermella ao madurar. Florece entre xuño e setembro en lugares sombrizos preto dos regatos de toda Galiza. 

Emprégase como antirreumática e é algo narcótica. Contra picadura de avespas esfréganse os froitos, que son pezoñentos. Non hai intoxicacións polo seu sabor, amargo ao primeiro e despois doce.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.