Silybum marianum


Anual, rexa, chegando os talos a sobrepasar os 1,5 metros. Follas basais de 25-50 x 12-25 cm., pecioladas, pinnatífidas, e as caulinas sésiles, amplexicaules, de menor tamaño e divisións, todas espiñentas, verdes pola cara e con manchas brancas lineares polo envés. Capítulos de 2,5-4 cm. sobre pedúnculos áfilos ou con algunhas brácteas foliáceas. Brácteas medias e externas do invólucro rematadas en espiña canaliculada, de 20-50 mm.

Aquenios de 5-7 mm., negros, brillantes, con manchas griseiras, levando papo de 15-20 mm.

Florece entre maio e xuño en terreos incultos e beiras de camiños da Galiza mediterránea. Estase nestes tempos a espallar, chegando xa á beiramar.


Lugar de observación: Ponte Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.