Sedum arenarium


Planta anual (con só talos floríferos), glabra, con talos ascendentes, ramificados desde a base, que acadan 15 cm. As follas de 2,5-4,5 mm. son ovoideas, verdes aínda que a miúdo algo avermelladas, marcadas na base cun pequeno esporón.

Inflorescencia en cima con flores pentámeras, de sápalos de 1,8-3 mm., libres, a miúdo desiguais, con esporón na base, e pétalos de 2-4 mm., agudos, brancos ou rosáceos. 10 estames con anteras púrpuras.

Froitos con folículos abertos en estrela.

Florece entre abril e xullo, en lugares secos de toda Galiza, en especial a baixa altitude. Endémica da metade occidental da Península Ibérica.

Lugar de observación: Carballeda. A Veiga. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.