Scrophularia auriculata


Perenne, con talo oco de ata 230 cm. ramificada e alada nos ángulos. Follas de 5-20 cm., de limbo oblongo-elíptico, ovado-lanceolado ou triangular-lanceolado, de base cordada ou redondeada, ás veces asimétrica, e a miúdo con lóbulos na parte inferior.

Inflorescencia en cimas de ata 25 flores. Estas levan pedicelos glandulosos de 1,5-8 mm., os centrais de cada dicasio acadando 15 mm. Cálice de 2,4-5 mm., glabro ou pubescente-glanduloso, con rebordo escarioso de 0,2-1, máis ou menos denticulado e ondulado.

Corola de 5-8,5 mm., verde-amarela co labio superior púrpura.

Estaminodio enteiro, máis ancho ca longo ás claras, púrpureo. Froito en cápsula ovoidea de 4-7 mm.

Florece entre xuño e setembro en lugares húmidos, preto de regatos de toda Galiza. Vulneraria, como indican algúns dos seus nomes galegos.


Lugar de observación: Ribeira do río Deza. Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.