Saxifraga spathularis


Planta perenne recuberta de pelos e glándulas, con varias moutas de follas basais de follas de 30-70 mm., algo carnosas e coriáceas, orbicular-espatuladas, con dentes agudos e beireadas de marxe hialina, e con pecíolo diferenciado de 2 mm. de ancho, máis longo có limbo, recuberto de cílios.

Talos floríferos terminais, con inflorescencia en panícula aberta de moitas flores. Estas levan pedicelo peloso, sépalos de 1-2 mm. obtusos, revirados cara atrás na frutificación, e 5 pétalos brancos de 2-5 mm. cunha mancha amarela é ás veces varias púrpuras. 

Florece entre abril e xullo en lugares sombrizos e húmidos, sendo rara a baixa altitude. Atópase no cuadrante NW da Península Ibérica e Irlanda. Moi común preto dos ríos e en zonas húmidas na nosa comarca.


Lugar de observación: Ribeira do río Deza. Taboada. Silleda

Tagged:  Saxifragaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.