Chrysosplenium oppositifolium


27 Mar
27Mar

Planta perenne, cespitosa, con talos arraigantes, pero sen rizoma. As follas, de 6-30 mm., son opostas, de suborbiculares e flabeladas, de base truncada ou cuneada, con pecíolos máis curtos có limbo.

Os talos floríferos, de sección cuadrangular, acadan 20 cm. de altura. As flores aparecen dispostas en corimbos terminais, e teñen 3-4 mm. de diámetro, sépalos amarelos, ovados, obtusos, e 8 estames.

Florece entre marzo e maio, recubrindo muros e taludes preto de fontes e regatos, en especial no enterior de Galiza.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.