Saxifraga granulata


Perenne, glandulosa, con bulbilos subterráneos castaños na axila das follas basais. Estas, de 20-50 mm., son reniformes, de crenadas a palmatilobadas, carnosas, pelosas polo menos no pecíolo, que é 2-3 veces máis longo có limbo.

O escapo, 0-3 follas cuneiformes, de ata 60 cm., leva inflorescencia en panícula laxa.

As flores levan ovario semiínfero, con sépalos de 3-4 mm. e pétalos brancos de 7-13 (18) mm., ás veces con nervacións escuras.

Florece entre febreiro e xuño en fisuras de rochas e lugares frescos e de avesío de todo o país, desde o nivel do mar.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Tagged:  Saxifragaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.