Rumex obtusifolius


Perenne, con talos estriados ata 150 cm., ás veces purpúreos. As follas basais, de 9-30 x 6-14 cm., son anchamente ovado-oblongas, de base máis ou menos cortada. A inflorescencia está formada por verticilos distantes, os superiores sen brácteas.

Valvas de 4-5,5 x 2-3,5 mm., con 1-2 dentes preto da base (raramente faltan) ata 2 mm. Tubérculo xeralmente ben formado só nunha valva, aparecendo só rudimentario nas outras.

Florece en maio e xullo preto de fontes e regatos, faltando nas zonas altas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Polygonaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.