Polygonum persicaria


12 Feb
12Feb

Anual, con talos erectos que acadan os 80 cm., algo vermellos e pouco engrosados nos nós. As follas, lanceoladas, de 6-15 x 1-3 cm., adoitan levar unha mancha escura que fai a planta moi recoñecible. As ócreas miden aproximadamente 1 cm., algo pelosas e rematadas en moitos flocos de ata 4 mm. 

As flores, de perianto de 2-3 mm. rosáceo sen glándula ningunha, aparecen en espigas grosas, de ata 2 cm. de longas, no remate da planta e axila das follas superiores. Aquenios de 2-3 mm. 

Florece entre maio e setembro, en lugares húmidos e beiras de camiños e regatos. Emprégase como astrinxente e vulneraria. Follas con lixeiro sabor picante.


Lugar de observación: Palmou. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.