22 Oct
22Oct

Gabeadora inferiormente leñosa perenne que acada máis de 5 metros de altura. Follas cordadas, acuminadas, de 3-10 x 1,5-6 cm. As inflorescencias, rechamantes, son panículas mestas formadas por flores brancas ou algo verdosas.

Estas levan brácteas de 2 mm., e perianto con tépalos de 4-7 mm., os 3 externos anchamente alados. Aquenios de 3-4,5 mm.

Florece entre abril e outubro, en moitos muros e valados. É planta orixinaria de China occidental e Tíbet que está hoxe espallada por gran parte de Europa, onde foi introducida no ano 1889 con fins ornamentais. A España chegou a mediados do século XX, aínda que se descoñece a data exacta. As primeiras citas son do ano 1978, concretamente de Asturias (Somiedo, Mieres) e de Salamanca (Retortillo).

Actualmente atópase naturalizada en gran parte da España peninsular, sobre todo na súa metade norte. A súa tendencia demográfica é lentamente expansiva.

Xeralmente invade ambientes máis ou menos ruderalizados como cunetas e beiras de camiños, muros e ruínas, etc. aínda que tamén pode instalarse en zonas riparias naturais.

Produce por unha banda danos ecolóxicos ao competir ventaxosamente coa vexetación natural desprazándoa e impedindo a súa rexeneración, prexudica á fauna indíxena que non está preparada para utilizar esta planta.

Aínda que non aparece no catálogo de flora invasora de Galiza, sí aparece no catálogo español de especies exóticas invasoras.


Lugar de observación: Ourín. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.