Ranunculus repens


Vivaz, glabra ou algo pubescente, con talos fistulosos que bota espolóns arraigantes. Follas basais case pentagonais divididas en 3 lóbulos (rara vez en 5). Follas caulinas semellantes.

Froitos en aquenio comprimido, glabro, rodeado de reborde, con bico de 1 mm., curvado, que van dispostos en glomérulos globosos, con receptáculos pelosos.

Florece entre abril e xuño, en lugares húmidos ou sombrizos de toda Galiza. Considérase tóxica para o gando.


Lugar de observación: Fraga de Quiroga. Catasós. Lalín

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.