Ranunculus ololeucos


Planta anual ou bienal, leva talos aboiantes ou que viven encol da lama, e 2 tipos de follas. As laminares son reniformes, con 3 lóbulos fondos, enteiros ou finamente dentados, o central ás veces tripartido, con pecíolos longos de 20-30 mm. que levan na base unha vaíña ancha. 

As follas mergulladas son capiláceas, moi finas, e faltan nas plantas de hábitat seco. Pétalos brancos, de 7-15 mm., e sépalos reflexos de 3,5-4,5 mm. 

Florece entre marzo e xuño en lugares enlameirados e augas someras do sur de Galicia, en especial.


Lugar de observación: Brañas de Xestoso. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.