Prunella vulgaris


22 Feb
22Feb

Planta con rizomas reptantes dos que xorden talos erectos de ata 50 cm., con follas de 4-5 x 2 cm., ovadas ou oblongas, cuneadas.

As flores, dispostas en inflorescencia terminal, mestas, cilíndricas, cun par de brácteas foliáceas inferiormente, levan cálice de 8-9 mm., co labio inferior formado por 2 dentes finos elongos (1,5-2 mm.), e o superior con 3 dentes anchos e curtos. A corola, de 10-15 mm., ten cor azul-violácea.

Florece entre xuño e outubro en prados e bosques algo aclarados. Empregada como vulneraria, como indican os nomes populares.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.