Polygonatum odoratum


Planta con rizoma reptante e subterráneo do que xorden talos de 20-60 cm., angulosos, que na parte superior levan follas alternas en dúas ringleiras, elípticas, aovadas ou oblongas, sésiles e percorridas por nervios ben marcados.

Tamaño das follas, 3-15 x 11-85 mm. Nas axilas das follas penduran pedicelos con 1-3 flores arrecendentes, con perianto branco tubular de 12-30 x 4-9 mm.

Froito en baia negra azulada de 5 mm.

Florece entre abril e maio en lugares sombrizos do país, como carballeiras húmidas. O nome galego provén dunha imaxinaria propiedade do rizoma de facer soldar os ósos rotos (baseada na "teoría do signo"). O nome castelán (Sello de Salomón), débese ás marcas que deixa cada talo anual, ao se desprender, no rizoma, aparentando un selo.


Lugar de observación: Arredores do Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.