Polygala microphylla


Pequeno arbusto de 10-40 cm., con raiceira da que xorden moitos talos ascendentes ou erectos, e follas linear-lanceoladas de 5-15 x 1-2 mm. 

As flores aparecen en acios axilares de 3-8 flores, azuis ou rosáceas, con ás petaloideas de 8-10 mm., cóncavas, maiores cá quilla (2,5 mm.), que non leva crista. Corola de 7-10 mm.

Florece entre marzo e xuño en breixos e lugares secos, con chan pouco fondo, de gran parte da Galiza.


Lugar de observación: Bustelos. Serra do Candán. Lalín.

Tagged:  Polygalaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.