03 Jun
03Jun

Perenne, a miúdo con marias moutas. Follas de 2-30 x 0,5-3,5 cm., lanceoladas ou linear-lanceoladas, enteiras, con 3-5 nervios. 

As flores van dispostas en espigas mestas, de 0,5-5 cm., con escapos o dobre de longo cás follas, marcados por 5 sucos. Sépalos de 2,5-3 mm., os posteriores aquillados, e corola con tubo glabro, de 2-3 mm. e lóbulos de 1,5-2,5 mm., tamén glabros. Estames con anteras amarelas.

Florece entre abril e outubro. Trátase dunha especie extremadamente variable en pelosidade, tamaño, etc. Recoñécense gran cantidade de variedades, moitas delas como adaptacións a diferenzas ecolóxicas. As follas desta e outras especies da familia téñense empregado como astrinxentes.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.