08 Jun
08Jun

Planta perenne de ata 30 cm., levando na base unha ou varias moutas de follas, con raiceiras algo leñosas, ramificadas que forman un conxunto compacto. Follas algo carnosas, de ata 70 x 2 mm., lineares, trígonas polo menos no ápice, glabras ou algo pelosas, a miúdo apiculadas.

Espigas de 5-60 x 3-4 mm., cilíndricas, compactas, sobre escapos de 1-5 cm., habitualmente máis curtos cás follas. Flores con sépalos diferentes entre si, todos de 1,5-2,5 mm., e corola con tubo pubescente de 1,5-4 mm. Anteras amarelas. Cápsula de 2,5-3 mm., con 2 lóculos e 4 sementes.

Florece entre maio e setembro en pastos de montaña así como en serpentinitas e outras rochas ultrabásicas de zonas baixas.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Beira do encoro de Portodomouros. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.