07 Dec
07Dec

Herbácea que pode pasar dos 2 metros, de cheiro desagradable. Forma un talo groso, avermellado, que se divide dicotomicamente na parte superior, con follas de 15-25 x 5-10 cm., pecioladas, ovado-lanceoladas, agudas.

As flores, de 5 pezas no perianto, brancas ou verdosas, con 10 estames e carpelos que orixinan froitos carnosos de 10 mm. de diámetro, violáceos na maduración. O conxunto da inflorescencia forma acio de ata 30 cm.

Florece desde marzo a setembro, e frutifica pouco despois. Planta orixinaria de Norteamérica, que podemos ver en beiras de camiños e leiras abandonadas. Chegou a Europa como ornamental. De froito (que é purgante, como as follas) obtense un colorante vermello, ás veces empregado nos viños. O seu emprego non é recomendable por ser tóxica a certas doses.


Lugar de observación: Abades. Bandeira. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.