Pentaglottis sempervirens


Vivaz, moi híspida, con talos floríferos de ata 100 cm. e follas basais de 10-40 cm., oblongas a ovadas, agudas, con peciolo longo, sendo as caulinas sésiles. 

Inflorescencias dispostas en cimas mestas, con 5-15 flores. Estas levan cálice de 2,5-5 mm. (ata 8 na frutificación) lobado case ata a base, e corola azul de 8-10 mm. de diámetro e tubo de 4-6 mm. coa gorxa pechada por 5 escamas brancas. Clusas de 2 mm., reticulado-rugosas.

Florece entre abril e xuño en lugares sombrizos ou húmidos, a miúdo algo nitrificados, da zona baixa de Galiza.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.