Papaver somniferum


Anual, glauca, pelosa ou glabra, pode pasar de 1 metro. As follas inferiores aparecen con curtos pecíolos, as superiores son sentadas, todas de 5-15 cm., ovado-oblongas ou lobadas, sinuadas.

Os pétalos son violáceos ou vermellos (ás veces rosáceos), a miúdo manchados de negro na base., de 20-60 cm. Os estames levan filamentos máis anchos no medio, e anteras amarelas. Os froitos son cápsulas subglobosas, glabras. 

Florece entre marzo e agosto. É planta ruderal, frecuentemente cultivada como ornamental. O látex branco que se extrae das cápsulas é o opio, hoxe en desuso como calmante por crear dependencia. 

Alcaloides que se extraen do opio son a morfina, codeína, etc.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.