Papaver rhoeas


Anual, de 15-90 cm., pelosa toda ela. As follas inferiores son pecioladas, as superiores sentadas, todas máis ou menos pinnadas, de 5-12 x 0,5-5 cm. Pedúnculos de 12-25 cm. con pelos patentes ou adpresos.

Os 4 pétalos son orbiculares, vermellos, ás veces manchados de negro na base, de 30-60 mm. Os filamentos dos estames son violáceos ou vermellos, e as anteras azuladas.

O froito é cápsula de 6-12 mm., glabra, case globosa, recuberta por testo que leva 8-14 radios (restos dos estigmas).

Florece entre xuño e agosto, en campos de cultivo ou esterqueiras, en especial secos, de toda Galiza. Os pétalos empréganse como sedantes.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.