Osmunda regalis


12 Feb
12Feb

Rizoma groso, negro, do que xorden as frondes, que poden acadar os 2 metros, con lámina bipinnada. As frondes externas son enteiramente estériles, mentres as internas levan as pinnas superiores fértiles, transformadas en panícula anchas e acastañada de esporánxios.

Esporulación entre abril e setembro. É especie abondosa en medios húmidos como beiras de ríos e regatos, ameneirais, etc., a pouca altitude (ata 1000 metros). 

Empregado en medicina natural por astrinxente e diurético, e contra o raquitismo.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.