Origanum virens


Perenne, de base leñosa con talos de ata 90 cm., máis ou menos ramosos dende a base, con follas ovadas de 10-40 x 4-25 mm., enteiras, glabras ou pelosas, pecioladas. Flores en espigas ovoideas, formando o conxunto corimbo ou panícula. 

Cálice de 2,5-4 mm., glabro, con 5 dentes semellantes, levando ao pé unha bráctea de dobre longo, glandular, de cor verde ou violácea. Corola de 6-9 mm., branca.

Florece entre maio e setembro en herbazais secos de toda Galiza, aínda que é menos abondoso en zonas baixas. Emprégase como condimento.


Lugar de observación:

Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Entorno da Fervenza do Toxa. Silleda.

Tagged:  Lamiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.