18 Feb
18Feb

Bienal ou perennante, con talo de ata 150 cm., peloso, manchado de vermello. Florece entre xuño e setembro en campos incultos, beiras de estradas e vías de ferrocarril. Parece ser que a súa orixe é por hibridación espontánea en xardinaría. Os parentais son orixinarios de norteamérica.

Está catalogada coma especie invasora en moitos lugares de Europa e parece estar en expansión en Galiza. A súa introdución debe ser recente, aínda que Merino en 1905 xa cita varias variedades desta especie.

En Galiza clasifícase coma unha invasora de perigosidade relativamente baixa atendendo aos seguintes criterios:

  • Distribución xeográfica: Dispersa por gran parte do territorio ou moi frecuente nun ambiente determinado.
  • Sensibilidade dos hábitat afectados: Hábitats principalmente alterados, ruderais ou arvenses.
  • Capacidade de dispersión: Dispersión local.
  • Capacidade de modificación do hábitat: A especia apenas modifica as condicións do hábitat que invade.
  • Perigosidade: Considerada con impacto relativo.
  • Dificultade de erradicación: Erradicación relativamente posible, xeralmente con medios pouco custosos e accesibles e cunha alta probabilidade de éxito.

Eiquí podedes consultar a ficha da especie: (Ver ficha)


Lugar de observación: Pozo Negro. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.