23 Apr
23Apr

Planta con rizoma reptante e follas aboiantes, de 10-30 cm. de diámetro, orbiculares non sendo polo entrante da base. As flores, arrecendentes, tamén aboiantes, miden 5-12 cm. e levan 4 sépalos lanceolados, caedeiros despois da floración.

Os pétalos, brancos, en número de 20-25, transformándose gradualmente en estames tamén numerosos con filamentos brancos e anteras amarelas.

Estigma dividido en radios estrelados, 14-20, planos no seu conxunto.

Froito en baia, de ata 3 cm., que madura baixo a auga.

Florece entre xuño e xullo, en ríos de pouca corrente e lagoas con certa profundidade de toda Galiza. Vese tamén en xardíns acuáticos.

O nome galego ambroíño fai referencia ao froito, semellante a unha ameixa (ou ambroíño).


Lugar de observación: Charca no acceso ao Polígono Industrial de Lalín. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.