Narthecium ossifragum


Perenne, cun rizoma reptante. Talo de 5-45 mm. cunhas poucas escamas. Follas da base envaiñadora, lineares, de ata 30 cm. de longo, que poden ter forma de fouce. 

As flores, en número de 6-20, aparecen dispostas en acio estreito, terminal. Tépalos amarelos ou algo verdes por fóra, de 6-9 mm. de longo. Froito en cápsula de 12 mm. Florece entre xullo e agosto.

Atopámola en brañas e terreos moi húmidos e ácedos, en especial a certa altura.


Lugar de observación: Serra do Candán. Bustelos. Lalín.

Tagged:  Nartheciaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.