12 Feb
12Feb

Perenne, con bulbo de 20-25 x 15-20, aovado. Follas ata 22 x 4-8 mm., que aparecen pregadas, despois da floración. as flores, normalmente solitarias, aínda que en ocasións poden aparecer pares, son púrpuras, liláceas, ou mesmo brancas de todo. Anteras amarelas inseridas pola base máis longas cós filamentos. 

Cápsula oblonga. Florece entre agosto e outubro, en prados e claros de breixos de toda Galiza, dende a beiramar ata as maiores alturas. Os seus nomes populares proveñen de que marca a época en que empeza a devalar o día, e non se lles servía merenda aos xornaleiros no campo.

É un endemismo da Península Ibérica.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.