Melittis melissophyllum


10 May
10May

Planta con talos erectos, pouco ramificados, de ata 50 cm., pouco glandulosos, con follas de 2-9 cm., ovadas a ovado-lanceoladas, dentadas ou crenadas, e brácteas iguais.

Flores grandes, arrecendentes, con pedicelo de 4-10 mm., dispostas en verticilos de 2-6. Cálice 12-25 mm., e corola de 25-40 mm., branca, rosácea, ou algo púrpura.

Florece entre maio e xullo, en lugares sombrizos. Planta empregada como diurética.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.