Lysimachia vulgaris


Planta perenne, con talos pubescentes que acadan os 160 cm., foliosos en toda a súa altura, aínda que pode levar escamas na parte máis inferior. As follas son ovadas a lanceoladas, opostas ou en verticilos de 3-4, con limbo de 6-15 x 2-4 cm. beireado de glándulas negas ou acastañadas e pecíolo de 5-8 mm.

As flores aparecen dispostas en panícula terminal de ata 30 cm., inferiormente foliosa, e levan corola amarela rotácea de 8-12 mm. e cálice de lóbulos triangulares. Estames de 5 mm. Froito de 4 mm.

Florece entre maio e agosto en beiras de charchas e algúns ríos, aínda que non resulta especie vulgar.


Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.