Lysimachia nemorum


24 May
24May

Perenne, con talos glabros de ata 40 cm., a miúdo deitados e arraigantes. As follas de 15-40 x 12-20 mm., opostas, ovado-lanceoladas, de curto pecíolo. 

As flores aparecen solitarias na axila das follas medias, en longos pedicelos filiformes (de 3-5 veces o longo da flor), e levan cálice de 4-6 mm., de lóbulos lineares, e corola amarela de 6-8,5 mm., con lóbulos ovais, patentes. O froito é cápsula globosa de 3 mm.

Florece entre maio e agosto en bosques húmidos, prados sombrizos e beiras de fontes e regatos.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.