Lysimachia arvensis


27 May
27May

Anual, deitada ou erecta, con talos tetrágonos de ata 34 cm., poucas veces arraigante nos nós inferiores. As follas, de 5-18 x 3-15 mm., opostas, sésiles, ovadas a lanceoladas, son máis estreitas canto máis arriba, e levan glándulas negras, visibles polo envés.

As flores aparecen axilares nas follas superiores, con pedicelos de 8-35 mm., na floración maiores cás follas respectivas. Cálice de 23,5 x 5,5 mm., e corola rotácea de 4-12 mm. de diámetro, que pode ser azul ou avermellada. Estames con filamentos de 1-3 mm. Estilete de 1-2,5 mm. Froito en cápsula, de 3,5-6 mm. de diámetro.

Florece entre abril e outubro en beiras de camiños, leiras, terreos removidos...


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.