Lunaria annua


Planta bienal de ata 100 cm. As follas, de ata 16 cm. de longas, son ovado-cordiformes, acuminadas e de beiras dentadas; as superiores, sésiles e con pecíolos máis longos canto máis abaixo.

As flores, dispostas en acios máis ou menos terminais, levan sépalos de 5,5-10 mm. e pétalos púrpuras de 14-25 mm. Os froitos son silículas latiseptas grandes, de 30-65 x 17-33 mm., elípticos a suborbiculares, con septos persistentes de aspecto papiráceo-nacarado que xustifican os nomes populares.

Florece entre abril e xuño. É planta cultivada nos xardíns polo rechamante dos seus froitos -en especial dos septos, que permanecen sobre os talos tras a frutificación-, que algunha vez aparece naturalizada preto de camiños ou estradas húmidas ou escuras.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.