Lonicera periclymenum


Perenne, agabeadora de base leñosa, que pode acadar os 6 metros, con follas caducas de 3-9 x 1,5-5 cm., oblongas ou elípticas, verde-escuras pola cara e glaucas polo envés, separadas de todo entre si.

As flores, dispostas en grupos (cabezolas) terminais, levan corola branca ou amarela, ás veces tinguida de vermello, pubescente-glandulosa, con tubo longo de 3,5-5-5 mm.

 Os seus froitos son baias vermellas tóxicas. Florece entre maio e agosto en muros e sebes.

 


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada. 

Tagged:  Caprifoleaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.