Lobelia urens


Perenne, case glabra, erecta, con talo fortemente anguloso de ata 60 cm. Follas linear-lanceoladas (as superiores), de beiras serradas, sésiles, de ata 10 cm. 

Flores dispostas en acio laxo, ás veces paniculado, con pedicelos curtos e cálice de 7-10 mm., con 5 dentes estreitamente triangulares. Corola de 10-15 mm., con tubo maior có resto, de cor azul ou abrancazada.

Florece entre maio e setembro en toda Galiza, en especial a certa altitude. Moi espallada, aínda que non abondosa. Considérase velenosa, aínda que ao ser ardente na boca evita intoxicacións.


Lugar de observación: Lalín.


Tagged:  Campanulaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.