Jasione montana


Bienal ou anual, máis ou menos pelosa, con talos de ata 50 cm., ramosos inferiormente, erectos, áfilos na metade superior, con só un capítulo. As follas, en xeral de 12-55 mm., son linear-oblongas a espatuladas , crespas a onduladas, coas beiras finas e pouco ou nada papilosas, ciliadas.

Inflorescencia en capítulo de 10-30 mm. de diámetro, con pedúnculo de ata 25 cm. Leva brácteas involucrais externas ovadas a ovado-triangulares, enteiras a serradas.

As flores levan pedicelos de 0-4 mm., con cálices de dentes de 1,5-4 mm., glabros ou raramente ciliados. Corola azul de 3,5 a 4,5 mm.

Florece entre abril e agosto en toda Galiza, aínda que normalmente non sobe ás zonas montañosas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Campanulaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.