Campanula lusitanica


20 Feb
20Feb

Anual, glabra ou pubescente, con talo de ata 40 cm., simple a ramallenta. Follas basais de 2-13 mm., ovadas a oblongas, ás veces suborbiculares, a miúdo xa murchas na floración, e facéndose máis lanceoladas e agudas canto máis arriba se dispoñen.

Inflorescencia en panícula ampla, de flores erectas na prefloración, con pedicelos longos, filiformes. Cálice e dentes lineares ou linear-lanceolados, de 5-17 mm., e corola de 8-15 mm., azulado-liliácea.

Estames de 3-7 mm. Cápsula obcónica de 4-10 mm., dehiscente por poros laterais.

Florece entre maio e agosto en pastos e prados, en especial nas zonas baixas.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.