19 Feb
19Feb

Bienal ou perenne, con talos floríferos finos de ata 60 cm. e outros estériles menores. Follas alternas de o,5-1,5 mm. de ancho, linear- lanceoladas.

Flores con sépalos de 4-5,5 mm. e pétalos de 8-12 mm., azuis. Froito en cápsula subglobosa de 4-6 mm.

Florece entre maio e agosto en prados de toda Galiza. Unha especie próxima é "Linum usitatissimum", o liño que se empregaba como téxtil, usándose as sementes para tirar o aceite de liñaza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.