12 Jul
12Jul

Perenne (raramente anual), con talos de ata 50 cm., máis ou menos glandular-pubescentes, os fértiles acompañados doutros estériles. Follas dos talos fértiles de 4-20 x 1-5 mm., lineares ou oblongo-elípticas, de disposición alterna nas superiores, en verticilos de 3-5 as inferiores.

Flores con pedicelos de 0,5-3 mm., cálice de 3-4,5 mm. e corola amarela (ás veces algo vermella), de 9-18 mm., con esporón de 5-8 mm. máis curto có resto da corola.

Cápsula de 2,5-4,5 mm. Sementes acastañadas, con á estreita, en froito de 2,5-4,5 mm. É planta polimorfa.

Florece entre maio e agosto en cantís de toda Galiza e tamén pode verse en rochedos silíceos e sustratos areosos.


Lugar de observación: Botos. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.