Lepidium heterophyllum


Perenne, con rizoma leñoso, do que xorden varios talos de ata 45 cm., erectos ou decumbentes, ramosos superiormente e recubertos de pelosidade curta. As follas basais están dispostas en mouta. 

As flores van dispostas en acios corimbosos que se alongan ao frutificar. Os pétalos son brancos de 3-4 mm. con unlla longa.

Florece entre abril e xuño en gran parte de Galiza. É abondoso en baldíos, pastos e beiras de camiños.


Lugar de observación: 

  • Lebozán. Lalín.
  • Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.
Tagged:  Cruciferae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.