Lamium maculatum


Perenne, máis ou menos pelosa, de ata 50 cm. de altura, con follas triangular-ovadas, de 10-80 x 10-70 mm., irregularmente dentadas, algo semellantes ás das estrugas. No inverno desenvolven unhas manchas brancas características.

Cálice de 8-15 mm., con 5 dentes e corola de 20-35 mm., rosácea a púrpura (algunha vez branca), con tubo curvado de 10-18 mm.

Os verticilos de flores van dispostos sobre brácteas independentes entre si, formando o conxunto inflorescencia piramidal.

Florece entre marzo e setembro en beiras de camiños e lugares algo nitroxenados da maior parte do país.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Tagged:  Lamiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.