07 Apr
07Apr

Planta perenne de 15-60 cm., estolonífera, de escasa a densamente pubescente. O talo ten sección cuadrangular e follas opostas, pecioladas, de 3-8 x 2-6 cm., de contorno ovado a ovado-orbicular, dentadas, raramente crenadas, coa base de truncada a lixeiramente cordada. En certas variedades as follas presentan manchas de cor branca dispostas nun amplo semicírculo.

As flores en grupos numerosos de ata 8 nos nós da parte alta do talo, verticilastros, con brácteas similares ás follas, pero as superior normalmente 1-2 veces tan longas coma anchas e menos dentadas, e as inferiores máis curtas ou tan longas coma o entrenó.

O cáliz de 7-10 mm., está formado por 5 sépalos soldados que forman un tubo curvado e aparentemente cónico que ten no extremo 5 dentes. A corola de 17-21 mm., é de cor amarelo intenso e está formada por un tubo estreito, con anel de pelos no interior, que se abre ao exterior por dous labios.

Medra en claros de bosques húmidos e tamén nas beiras de regatos, pedregais, beiras de camiños… Florece entre abril e xuño.


Lugar de observación: Sulago. Merza. Vila de Cruces.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.